Imágenes

FERIA DEL ARTESANO en el Mercado das Conchiñas

Cartaz Feira do ArtesaO colectivo TANK [Territorio Animado Kolectivo], este sábado 23 de novembro, realizan A Feira Artesá, no marco das actividades programadas por Música en Branco, co fin de poñer en valor e difundir o comercio de proximidade do Agra do Orzán cun atlas sonoro do comercio do barrio.

Dende as 11 da mañá ate as 6 da tarde, as artesás e comerciantes do barrio, deslocalizan os seus obradoiros e acompáñannos ó Mercado das Conchiñas, co gallo de compartir e amosar a súa profesión, de xeito que toda a veciñanza interesada poida participar de xeito activo e colaborativo, favorecendo o encontro entre comerciantes e artesás e clientes-usuarios.

Sigue leyendo

Anuncios