FERIA DEL ARTESANO en el Mercado das Conchiñas

Cartaz Feira do ArtesaO colectivo TANK [Territorio Animado Kolectivo], este sábado 23 de novembro, realizan A Feira Artesá, no marco das actividades programadas por Música en Branco, co fin de poñer en valor e difundir o comercio de proximidade do Agra do Orzán cun atlas sonoro do comercio do barrio.

Dende as 11 da mañá ate as 6 da tarde, as artesás e comerciantes do barrio, deslocalizan os seus obradoiros e acompáñannos ó Mercado das Conchiñas, co gallo de compartir e amosar a súa profesión, de xeito que toda a veciñanza interesada poida participar de xeito activo e colaborativo, favorecendo o encontro entre comerciantes e artesás e clientes-usuarios.

 

Tapiceiras, costureiras, xoieiras… mostrarán os pormenores do seu oficio con exemplos prácticos e resolverán as dúbidas que poidan xurdir.

Ademais ás 12 da mañá Mónica de Nut con Pistacatro, desenvolverá  a súa terceira intervención no barrio, Non te cortes coa opera onde cortar os cabelos e cantar ópera, fundirase coas  conversas sobre memoria musical cos clientes

Dende as 13.30h celebrarase unha sesión vermú, na que Ricardo Seixo e outros cantareiros do barrio participarán nunha mostra musical das cancións propias do barrio.

ARTESÁNS E ESPAZOS:

Os postos baleiros serán ocupados polos diferentes artesáns e alí desenvolverán o seu traballo.

AGR_flyer 2_Página_2

OS OBXECTIVOS:

> Entender, compartir, rexistrar e difundir o “ambiente” xerado ó redor das relacións comerciais coma un ben patrimonial propio dos nosos barrios. Un ben que é común, que cabe protexer e respectar, pero tamén compartir, evolucionar e transformar, darlle o tratamento do que realmente é un ser vivo. , dinámico e adaptable. Aproximarse a este coñecemento a partires de tres liñas principais

  • RELACIÓN: O comercio dende as relacións persoais, as sinerxías e os intercambios que se producen ó seu redor. As relacións entre “iguais”, interxeneracionais, interculturais.
  • SON: Os oficios, como a vida mesma, conta cunha serie de sons característicos, dunha identidade sonora nacida a partir dos seus movementos, das conversas que xorden no proceso creativo.
  • TRANSFORMACIÓN ESPACIAL: a propia transformación temporal e efémera que día tras día xeran estes procesos de intercambio.

Dinamizar o espazo do Mercado dun xeito ó mesmo tempo “recolector” e “transformador ou dinamizador”“Recolector” grazas ós mecanismos de gravación audiovisual que se incorporarán en cada un dos postos da “feira artesá” e permitirán coñecer, compartir, analizar e localizar as vivencias de cada un dos comercios.“Transformador ou dinamizador”, de modo que facilite relacións que non se dan no día a día, ou que sexa reflexo nalgúns casos de inquedanzas de transformación ou relación latentes.

AGR_imagen playmobil

…PARA DESFRUTAR:

“…La palabra <artesano> nos trae una imagen inmediata a la mente, Por ejemplo supongamos que nos asomamos a la ventana de una carpintería y en su interior vemos a un hombre mayor , rodeado de aprendices y herramientas. Reina el orden por todas partes, las piezas de sillas están cuidadosamente agrupadas, flota en el aire el fresco olor del serrín, el carpintero se inclina sobre el banco para efectuar una fina incisión de marquetería., Cuando imaginamos esta escena, la vemos como algo condenado a desaparecer; quizá, por ejemplo, porque al otro lado de la carretera han abierto una fábrica de muebles que acabará con el taller. Es esta la imagen que solemos formarnos del artesano. Alguien que ve cómo la máquina y la fabricación en masa van eclipsando y arrinconando sus destrezas tradicionales….”
 “… El carpintero, la técnica de laboratorio y el director de orquesta son artesanos porque se concentran en hacer bien su tarea por amor al trabajo bien hecho. Los tres llevan a cabo una actividad práctica, pero su trabajo es algo más que un medio para lograr un fin. El carpintero podría vender más muebles si trabajara más deprisa. La técnica de laboratorio podría limarse a trasladar el problema a su jefe. El director invitado tendría mas posibilidades de que lo volvieran a contratar si estuviera más pendiente del reloj. Evidentemente, se puede salir adelante en la vida sin tanta dedicación, pero el artesano representa una condición humana peculiar: la de la persona que se implica a fondo en lo que hace….”
 
Richard Sennet
Artesanía, tecnología y nuevas formas de trabajo
Conferencia en el CCCB Barcelona, 21 de diciembre 2009
Katz Editores

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: