Proposta de intervencion en comunidades de ManComun.

11_imagen 01Implementación da metodoloxía “Escoitas veciñais” no desenrolo de proxectos en comunidades de ManComun.

11_imagen 01

Cando un axente externo a unha comunidade, vai intervir nela para aportar os seus coñecementos técnicos, artísticos ou políticos en prol dunha evolución e transformación positiva, o coñecemento da realidade, das vivencias diarias, do modo de organización, das rutinas, etc , e a súa interiorización por parte de aquel que vai traballar na transformación das mesas, fanse imprescindibles.
Con esta premisa, TANK traballa na implementación da metodoloxía “Escoitas veciñais” no desenrolo de proxectos en comunidades. Concretamente a acción “TANKcomún”levarase a cabo na comunidade de montes de Vincios, Gondomar, pertencentes á Mancomunidade de Montes do Val Miñor.
Neste proceso realizarase xunto cos comuneiros un camiñar de aprendizaxe e acción articulándose, dunha banda un “atlas” de coñecemento da propia comunidade, froito dunha fase de mediación, que permitirá plasmala maneira de operar dunha comunidade organizada en torno á explotación razoada dun recurso natural e forestal. Por outra, unha intervención concreta, a partir do diagnóstico e a comprensión da utilización do territorio mancomunal que será o reflectir dunha necesidade explícita ou latente e que se materializará co traballo participativo da comunidade, (realización de construcións de apoio, mellora de infraestruturas, dinamización, posta en valor a partir de prácticas artísticas, etc).
A articulación destas dúas fases farase en forma de organización dun evento festivo, A Festa do Comuneiro, que permita a posta en común e a divulgación das prácticas de explotación e de xestión do monte comunal.
“Escoitas veciñais” estruturase en tres tempos principais:
·         Coñecer > A Escoita Colectiva > O Atlas Iterativo
·         Difundir > A posta en común > A Festa do comuneiro
·         Intervir > A materialización das necesidades > A execución conxunta
Estes tres tempos enfatizan momentos puntuais dun proceso, que se pode resumir na seguinte consecución de accións, ate obter a realización dun proxecto concreto:

COÑECER > A escoita colectiva > O atlas iterativo

1. ACOMPAÑAMENTOS:
Servíndonos do TANKmobil como soporte estrutural nas derivas, acompañando ós comuneiros nas súas rutinas diarias no eido do traballo dos montes de mancomún.
Nestes “acompañamentos” rexistrarase:
·         Os seus percorridos
·         As imaxes do entorno e das labores
·         Os relatos e conversas
2. CARTOGRAFÍA: O Atlas Interactivo.
É unha compilación das tres variables cartografiadas:
·         Os percorridos, que definirán os lugares de interese e permitirán analizar o territorio, o seus usos e a súa lóxica de explotación.
·         As labores, que establecerán un catálogo das faenas e da súa evolución ó longo do tempo.
·         Os relatos, que ilustran as vivencias do comuneiro, converténdoo no protagonista da súa propia narración.
O Atlas Iterativo, recollerá as testemuñas compiladas durante as escoitas veciñais e permitirá a súa actualización continuada, gracias á versión on-line.
3. DIAGNOSTICO:
A elaboración do atlas iterativo, permitirá definir as necesidades explícitas e latentes a nivel infraestrutural, territorial ou social. A identificación de lugares de interese particular, con carencias a nivel dotacional, ou avistar o potencial de desenvolvemento de actividades futuras.

DIFUNDIR > A posta en común > A Festa do Comuneiro

1. EVENTO:
Utilizando un evento festivo como medio de divulgación para “estraños” e de posta en común para “propios” do funcionamento dos monte comunais e das posibles liñas de evolución, identificadas no proceso de escoitas veciñais.
2. ACCIÓNS:
Por medio de obradoiros de iniciación ás labores comunais, de percorridos comentados, de actividades de conservación do monte, etc, poranse en valor os modos de xestión e de explotación de recursos naturais e capacidades humanas do mancomún.
Ó mesmo tempo, no atlas iterativo mostraranse os usos tradicionais de cara a alentar outros novos e indagar na multifuncionalidade deste modo de xestión.
3. FINALIDADE
Promover a evolución dos usos tradicionais có fin de evitala desaparición de este modo de xestión e impulsar o desenrolo de áreas rurais sen poñer en perigo a súa sustentabilidade á escala veciñal, identificando os campos de evolución cara novos usos.

INTERVIR > A materialización das necesidades > A execución conxunta

1. AMBICIÓN:
Materializando unha intervención concreta, como resultado do proceso de indagación no funcionamento da propiedade comunal, preténdese xerar un patrón, que permita a evolución deste tipo de método produtivo.
A execución da acción, enténdese como resultado, e non como obxectivo, da indagación no funcionamento da propiedade e da xestión comunal. A elección do lugar, do programa, do material a utilizar e do seguimento do mesmo, serán o produto do método de escoita veciñal. O obxectivo é o de intervir da maneira mais sostible posible, dando resposta a unha demanda e non soamente de modo efímero ou puntual.
2. DEFINICIÓN DAS NECESIDADES:
Determinar os elementos ou o elemento a mellorar, e de forma colaborativa, realizalo e facer o seguimento do mesmo.
3. EXECUCIÓN:
O proxecto realizarase de maneira conxunta e colaborativa cos comuneiros. Dunha banda para aplicar os seus coñecementos, por outra para asegurar o desenvolvemento local e unha evolución sustentable.

+ INFO :

http://semillasdeinnovacion.wordpress.com/tag/monte-comunal/

http://montescomunais.wordpress.com/

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: